Xenocidio do pensamento

download pdf


Hai un par de semanas estiven na Feira do libro de Göteborg, convidado polo Consello da Cultura Galega para participar nun coloquio coa escritora estonia Maarja Kangro. Deseguida o diálogo no “Café Europa”, organizado pola EUNIC (The European Union National Instyitutes for Culture), virou a un diálogo entre escritores e linguas minoritarias. É o que nos toca. Aí estabelecimos as diferenzas entre Maarja, que representaba a unha lingua de estado e eu que representaba a unha lingua sen estado. Diferenzas notábeis, mais, aínda así problemas semellantes para obter, por exemplo, traducións dos nosos textos noutras linguas, ou para ver aos nosos escritores promocionados no exterior. O diùalogo desenvolveuse en inglés, sen interpretación simultùanea, o que foi posíbel por ter a maoría dos cidadáns suecos o inglés como lingua de uso. Así e todo, lemos textos nas nosas linguas de orixe para que a audiencia puidera coñecer a sonoridade e o ritmo das nosa linguas respectivas. Tivemos que leelos tamén en inglés para que o público entendera de que estabamos falando e puidera identificar aínda que fora de xeito intuitivo a ralación entre contido e ritmo. Coido que os que alí estban entenderon a nosa impotencia diante dun problema estrutural de difícil solución, pois hai cousas que só se conseguen con apoio das institucións e que nada teñen que ver coa calidade dos textos literarios, senón co abafante dominio de certas linguas a nivel mundial. Foi unha experiencia estraña estar convidado nunha feira onde sabes que non hai libros teus que a xente poida mercar. Ese foi, por certo, un dos temas do noso diálogo.


Nós, pola nosa banda, como galegos e co escaso apoiuo recibido, temos feito os deberes, pois sendo a lingua 136 das case cinco mil (canta riqueza!) que se falan no mundo, temos boas cifras. Polo que eu teño recollido, ocupamos o posto 118 en Google, somos unh das 95 linguas as que está traducido o sistema qwindows, en facebook obstantamlos o nada desprezábel posto 70 e en internet somos a lingua número 37. A iso hai que engadir que en libros traducidos ao galego estamos no posto 49, o que fala moi positivamente do esforzo realizado por tradutores e editores para dar “corpo” a esta lingua de noso. Esforzo titánico para demostrar ao mundo que non somos unha lingua pequena e, por tanto, na lóxica capitalista, inútil. Estas cifras demostran o contrario, que estamos orgullosos da nosa lingua, que a usamos con prodigalidade que supera os límites do número de falantes e que fixemos un esforzo maiúsculo para que estea presente no mundo. Ademais, como dixen e penso que concordarán comigo, a lingua pode ser minoritaria a nivel global, mais é unha lingua “central”, “grande” e “útil” para todos os galegos. (non o é para algúns, contaminados se cadra,; por complexos ou por ínfulas imperialistas). A idea é pois, persistir no empeño e non deixar que este esforzo se vaia diluíndo pola negativa dos sucesivos gobernos a “coidar” da lingua.


O tema central da Feira era o da liberdade de expresión, por cumplirse este ano o 250 cabodano do primeiro texto lexislativo sueco que consagraba este dereito fundamental. Falar a lingua propia sen barreiras administrativas ou políticas, en pé de igualdade con outras linguas que poidan coexistir no territorio do estado, (ao que queiramos ou non pertencemos), é, pois, unha das vindicacións necesarias para poder dicir que exercvemos o derteito da liberdade de expresión.


A discriminación lingûística, unha variante da censura, é unha forma de xenocidio do pensamento, pois mata as ideas por omisión, ignorancia e medo. No noso caso, no noso equeno país sen estado, o goberno central e o autonómico como imaxe especular do outro, debe gobernar aos seus cidadáns de xeito imparcial e igualitario. Por contra, os sucesivos gobernos que padecemos dividiron á xente do común en dous grupos confrontados e isto significou e significa unha eiva para o desenvolvemento do pais. Coido que ninguén pode negar que en Galicia existebn dúas comunidades que se ollan de esaguello, que sez desentenden e que teñe unha idea da lingua restrictiva ou folklorica (o galego é bo para a poesía e para as cantigas mais non é bo para a ciencia en xeral e as matematicas en particular) e queloutros que cando escoitan falar noutra lingua poñe cara difícil e estoupan coa raiba acumulada. Este confrontamento é esporeado polo poder poítico, polos medios de comunicación e por todos aqueles que queren facer de Galicia un lugar de vacaicóns e unha comunidade de servizos para os turistas Xa escoitei falar de linguicidio e poida que ese sexa un termo axeitado oara o que lle espera á nosa lingua se non persistimos –afoutos- no empeño.


Xa sei que o tema, por recorrente é un encordio para moitos de nós, mais compre persistir no uso e difusión da lingua, estabelecendo, por exemplo, relacións máis fluidas con outras linguas que se encontren en situacións semellantes para cooperar entre nós, deseñar estartexias conxuntas, explorar sinerxias (como popderían ser as traduccións cruzadas) e preservar esa inmensa riqueza que a Humanidade ten, que é a existencia de tantas e tan variadas maneiras de entender o mundo.



Xavier Queipo