ONDA (Observatorio da Nova Diáspora)

download pdf

Dende neno teño escoitado un refrán sinxelo na súa formulación, como corresponde ao ditos da sabedoría popular e terríberl na súa crueldade, como acontece, case sempre tamén cos refráns, que cando atinados no seu uso resultan certeiros como dardos mollados en curare. O refrùan do que lles falo reza así: “non hai maior desprezo que non facer aprezo”, e ese o sentimento que adoitan ter os representantes da cultura galega que desenvolven a súa actividade artística (plástica, literaria, cinematográfica, performativa...) fóra das fronteiras do país. Iso acontece así como norma agás que trunfen no estranxeiro, que entón reciben o agasallo de recoñecemento como membros destacados da tribo. Estou falando do agora, non dos tempos heroicos onde por razóns diversas a cultura do país tiña o seu núcleo máis destacado en Bos Aires, lugar que por varias razóns se convertiu durante moito tempo nun referente mítico da cultura galega de resistencia (Castelao, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Ramón Lourenzo, ...). De Bos Aires chegaban tamén as publicacións clandestinas e, en non poucas ocasións, os cartos necesarios para financiar loábdeis iniciativas das que a cultura viviu e aínda vive, deixada de man por unha burguesía que non se quere galega de nación. Todo isto é sabido, mais serve de pano de fondo para algunhas reflexións que virán a seguir.

Este mes de xullo, celébranse en Compostela, tres dias que reivindican a acción cultural de artistas de raíces e (auto)definición galega, espallados polo mundo, en particular na Unión Europea, mais non só. Tratase dunha xornadas abertas onde faladoiros, exposicións, concertos, proxeccións, recitais e artes performativas van presentar ao público galego a punta do iceberg dunha realidade que, como acontece coas montañas de xeo flutuantes, está agochada na súa maior parte, nun mar que é de indeferenza (de non aprezo) cando non de desprezo.

Un individuo que habita durante toda a súa vida no seo da tribo, que non se despraza regularmente compórtase como un individuo sésil (anocorado no seu sustrato) ou con mobilidade restrinxida (ligado, enténdase, por forzas centrípetas propias do seu ambiente). Ese sedentarismo (non só de espazo senón tamén de relación e, na meirande parte dos casos de pensamento) fai que construa ao se redor unha “zona de confort”, una zona de protección ou “buffer” que configura unha ideoloxía senón conservadora, si reaccionaria a toda innovación, cunhas relacións pautadas cos individuos da propia comunidad.e Certo que é unha xeralización, mais non hai dúbida que neses casos se dan relacións de simbiose, onde un varios organismos partillan alimentos y abeiro, fluxo de xenes e, por descontado, comportamentos gregarios.

Pola contra un individuo que se despraza regularmente, sexa por intermedio de grandes migraciones ou de movementos frecuentes cara ao exterior da comunidade (que poden ser estrictamente físicos ou ideolóxicos) está ligado ao seu entorno por forzas centrípetas e, por tanto, adquire unha maior capacidade de adaptación a diversos ambientes (adaptabilidade), configurando así unha ideoloxía e unha praxe flexíbel intelectual que lle proporciona unha capacidade engadida de propagación e resistencia (resilience), de vigor híbrido e de innovación (no comportamento e nas expectativas) que se podería definir –aínda que non sempre- como unha expansión do universo propio e, como consecuencia, como progresista (nin sempre nun senso lineal e nin sempre permanente, pois no caso de se acomodar de xeito case permanente a outro entorno, podería re-construir unha outra “zona de conforto” e, enténdase, mostrar un comportamento reaccionario verbo da súa natureza e do seu ecosistema de orixe, aínda que isto adoita suceder a partir da segunda xeración de migrantes).

Xuntar, pois, como fan estas xornada de ONDA, á unha mostra de artistas galegos que viven no exterior do país, debería para abrir as fronteiras e a comunicación, para hibridar sen imitar, para deixar de se mirar o embigo das esencias e para recibir unha airexa de frescor. Hai outros modos e outras maneeiras de facelo, mais imos ver que poden aportar estas xornadas. Está por ver, mais o intento xa é, de seu, loábel.

Xavier Queipo