Un pobo sen sombra

download pdf

Cando estamos diante do que consideramos un problema ou un conflicto, o que temos que indagar é ‘que é o que se está peleando’ aí. Semella claro dende un punto de vista sociolóxico intuitivo (dende o senso común), que o que se xoga día a día no soso pequeno país sen estado é a consolidación dunha cultura, dun pobo e dunha fala ou, como alternativa, o esfuminado desa lingua e desa cultura nun magma espeso resultado dunha concepción utilitarista dunha lingua como lingua de comunicación ‘con máis falantes’, seguindo dende as diversas posicións das barricadas unha mesma óptica exclusivamente mercantil e non unha lóxica ‘de mellor comunicación’ asentada no uso da lingua propia adaptada ao nosos mundo e a cosmogonía propia do país. As posicións están encontradas e o conflito moi afastado de ter unha solución simple a curto prazo. En definitiva, enténdase, un problema de clase, resultado das desigualdades de orixe e achegamento ao poder, do diferente acceso ao coñecemento e da desigualdade de oportunidades. Non se trata dun problema de autoestima individual ou colectiva, é un problema de clase, de sensación de pertenza.

Xavier Queipo